Andresadas |
![]() http://andresito_gal.blogia.com Benvidos ó web blog de Andrés Rozados Lorenzo, alumno da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación ( estudando, ou intentándoo , Publicidade e Relacións Públicas) en Pontevedra. Neste blog quero expresar a miña opinión con total sinceridade e liberdade sobre temas de onte, de hoxe e de mañá. Ofrecervos todas aquelas pequenas cousas que nos alegran, e tamén entristecen, na nosa vida.
|
|
|
Todos temos un camiño que percorrer... Unha longa milla verde. Un camiño no que deixaremos a grandes amigos, ou eles nos deixarán a nós... Unha distancia efímera, pero difícir de andar. Un chan cheo de baches e buratos que nos obstaculizarán nas nosas metas. Cando estemos, nas nosas gaiolas, pechados, sen ningunha saída, soamente cos nosos pensamentos... Entón saberemos como saír dalí para camiñar a eito na milla. Sen presa pero sen pausa. A modiño, pisando no solo coitados. Sen apresurarse. A dozura con que cada un dos teus pés pouse o chan fará que a distancia se che faga máis placentera, menos sórdida... Paseniño. Un longo paso, e logo outro curto. Dous pasos seguidos e logo un fin o que hai que chegar... Estará alguén esperando ó final do camiño? Se cadra deberiamos pensar naqueles que si estan agardando por nós durante o traxecto. Apoiarnos neles, querélos, amálos ... Buscar os nosos Mr. Jingles... e tamén compartilo. Talvez, cheguemos a Vilarato, e, senón, facer que a nosa milla verde se pareza a Vilarato o máis posible. Fecha: 15/03/2006 17:18. |
Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras